Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS DO CONCURSO DE MERENDAS SAUDABLES

Deixamos de seguido as tres instantáneas gañadoras do Concurso fotográfico de merendas saudables. Parabéns ás gañadoras! E volvemos a darvos as gracias a todos e todas as que participastes!




DEGUSTACIÓN DE FROITA

Despois de dúas semanas nas que diariamente o alumnado probou diferentes froitas do programa Froita na escola, o 25 de maio, organizamos en ESO un posto co mesmo fin: fomentar o consumo da froita de tempada. 





xoves, 2 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍAS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE MERENDAS SAUDABLES

Velaquí están as fotografías presentadas ao concurso de merendas saudables que organizamos entre o 9 e o 25 de maio. GRACIAS POR PARTICIPAR!

 

Categoría Infantil, 1º e 2º. 





Categoría 3º a 6º 

 






Categoría ESO




martes, 17 de maio de 2022

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS

 O pasado 26 de abril o alumnado de 4º e 5º de infantil e 1º, 2º, 3º e 5º de primaria levaron a cabo a degustación de conservas. Pero antes o alumnado de 5º EP, que tamén participa no proxecto, explicounos a funcionalidade dos códigos de cores nos envases e así soubemos que uns teñen máis calidade nutricinal ca outros en función da cor e da letra do envase. Tamén xogamos un pouquiño a clasificalos. 

Despois un pase polo bufet de produtos do mar, onde nos explicaron as características de cada produto: atún, caballa, zamburiñas, sardinillas, mexilóns, calamares na súa tinta e agullas. 

E xa estamos listos para degustar..., que rico estaba todo!!!. Preme na imaxe e verás.


luns, 9 de maio de 2022

COMEZA O CONCURSO FOTOGRÁFICO DE MERENDAS SAUDABLES

 

Pica nos enlaces

 Bases do concurso (Infantil e Primaria).


Bases do concurso (ESO).

 

Hoxe 9 de maio, abrimos o prazo para participar no Concurso fotográfico de merendas saudables. 

Lembrade que cada participante só poderá enviar unha foto na que apareza unha merenda sa, que pode ser doce ou salgada. Na instatnánea, non poden aparecer persoas, só a merenda que queirades compartir. 

Podedes achegar a vosa foto ata o día 25 de maio enviándoa ao correo que atoparedes nas bases do concurso. 


 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E COMPARTIR IDEAS DE MERENDAS SAUDABLES!!!


 

martes, 26 de abril de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAXE DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

 O alumando de 5º de Primaria asistiu a unha sesión de análise da etiquetaxe de produtos alimentarios a cargo das compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de ESO. Apoiados en envases de conservas e outros produtos, trataron de xeito individualizado aspectos como o valor nutricional, os ingredientes, data de caducidade e de consumo preferente... Velaquí varias instantáneas do momento.









luns, 28 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAS

O alumnado de 2º de ESO, que cursa a materia de Hábitos de vida saudable,  realizou dúas sesións de formación sobre a interpretación de etiquetas de produtos alimentarios destinada ás compañeiras e compañeiros de 1º da ESO. 

Cada alumno documentouse sobre un aspecto concreto da etiquetaxe. Logo elaboraron unha presentación colectiva e cada quen fixo a súa exposición sobre aspectos como: 

- Ingredientes. 

- Aditivos. 

- Valor nutricional. 

- Data de caducidade e data de consumo preferente. 

- Presenza de alérxenos. 

- Simboloxía presente nas embalaxes. 

 

Deste xeito, pretendemos que a totalidade do alumnado do centro teña formación na interpretación dos envases dos produtos alimentarios para que, como consumidoras e consumidores, poidan realizar escollas de alimentos dunha forma crítica e responsable cunha alimentación sa e equilibrada. 

 







 



sábado, 12 de marzo de 2022

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS

 A medidos do mes de febreiro, organizamos unha nova degustación. Nesta ocasión, achegámonos aos produtos do mar a través da proba de diversas conservas: mexillóns, zamburiñas, chipiróns, cabala, ventresca de atún, sardiñas, bocarte e agullas. Acompañdas de pan, galletas mariñeiras, pementos en conserva e tomatiños.

O obxectivo desta proposta, é que o alumnado coñeza novas alternativas de merenda sanas, saudables e fáciles de elaborar. 

De novo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron unha magnífica labor empratando e servindo os produtos a degustar.

Agradecémoslle a Supermercados Froiz e Conservas Jealsa, as doazóns que realizaron en forma diferentes de tipos de conservas para contribuír a que a degustación fora posible.  








xoves, 20 de xaneiro de 2022

ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS

 Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º. 

As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas: 

- Resultados da enquisa de Infantil

- Resultados da enquisa de 1º e 2º

- Resultados da enquisa de 3º e 4º

- Resultados da enquisa de 5º e 6º


Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa. 




venres, 14 de xaneiro de 2022

DEGUSTACIÓN DE QUEIXO, PAN E MEL

 O día 2 de decembro e no marco do Aliméntate ben, desenvolvemos en Secundaria unha degustación centrada no queixo, o pan e o mel como opcións de merenda saudable. O obxectivo desta degustación foi dar a coñecer produtos saudables que podemos traer como merenda, fomentar o coñecemento de queixos producidos na contorna e, sobre todo, dar exemplos prácticos que o alumnado poida incluír facilmente na súa merenda de media mañá. 

A degustación centrouse nos seguintesprodutos:  

- Queixo ecolóxico Carmiña de A casa grande de Xanceda (Mesía). 

- Queixo con denominación de orixe Tetilla da queixería Barral (Pantiñobre, Arzúa). 

- Queixo Delicias de A tenda dos queixos, queixería Arosa (Xanceda, Mesía).

- Queixo de cabra da queixería Suerte Ampanera adquirido nunha tenda ecolóxica. 

- Pan ecolóxico de catro variedades diferentes. 

- Mel de Abella Carmela (Boqueixón).

 

Agradecémoslle ás queixerías Barral, A Casa grande de Xanceda e á queixería Arosa, a doazón que fixeron de queixos para poder degustalos neste proxecto. Moitas gracias!

 



 

 

 

 

 

mércores, 5 de maio de 2021

#GadisEscuela

As vagalumes de 4º EI estamos inscritas no programa escolar da cadea de supermercados GADIS, un programa que fomenta a vida saudable e o consumo responsable. E hoxe recibimos o noso agasallo: 


venres, 22 de xuño de 2018

Concurso "Eu tomo froita"

 Como en anos anteriores este curso tamén participamos no plan "Consumo de froita fresca na escola". Concedéronnos tres semanas de distribución de froita fresca nos recreos. Aproveitando esta actividade propuxémoslle ao alumnado que participase nun concurso no que se valora o consumo de froita diario: "Eu tomo froita"
Ao alumnado de primaria encantoulle a idea os días que trae unha peza de froita como merenda no seu tempo de lecer colocamos unha pegatina nun cartel feito para tal fin. Desta forma ademais de aumentar o consumo de froita diario no alumnado, dámoslle a coñecer a gran variedade  de froitas que existen e os seus beneficios para a saúde.
Ao final de curso, aqueles alumnos que máis pegatinas tivesen, e polo tanto máis fruta comeran de merenda, recibiron un agasallo. Como premio ao seu consumo continuado de froita démoslles unha brocheta de froitas pero... de gominolas, que ben o merecen....







luns, 14 de maio de 2018

ANALIZANDO OS ALIMENTOS


UNHA ANÁLISE DE ALIMENTOS, polo 3º e 4º de educación primaria. 

As nosas comidas deben conter alimentos variados para que nos proporcionen nutrientes de todos os tipos: proteínas, hidratos de carbono, vitaminas,... e tamén graxas; tal e como acabamos de ver no tema da NUTRICIÓN.

O obxectivo deste experimento é coñecer a cantidade de graxas que teñen alimentos habituais coma a mazá, o iogur, o chocolate, a manteiga e as patacas fritidas.

Materiais empregados: cartolina, algodón, tesoiras, pinzas e mostras de alimentos.

Experimento: cortamos cachiños dos alimentos e tratamos de untar a cartolina con cada un deles. Deixamos secar ata o día seguinte e comprobamos que os alimentos que teñen máis mancha son os de máis graxas, concretamente as patacas fritidas e a manteiga.

Conclusión: os alumnos e alumnas rematan concluíndo que aquel alimento que máis lles gusta (as patacas fritidas) son os que máis graxa teñen.