Ao final de curso, aqueles alumnos que máis pegatinas tivesen, e polo tanto máis fruta comeran de merenda, recibiron un agasallo. Como premio ao seu consumo continuado de froita démoslles unha brocheta de froitas pero... de gominolas, que ben o merecen....
venres, 22 de xuño de 2018
Concurso "Eu tomo froita"
Como en anos anteriores este curso tamén participamos no plan "Consumo de froita fresca na escola". Concedéronnos tres semanas de distribución de froita fresca nos recreos. Aproveitando esta actividade propuxémoslle ao alumnado
que participase nun concurso no que se valora o consumo de froita diario: "Eu tomo froita"
Ao alumnado de primaria encantoulle a idea os días que trae unha peza de froita como merenda no seu tempo de lecer colocamos unha pegatina nun cartel feito para tal fin. Desta forma ademais de aumentar o consumo de froita diario no alumnado,
dámoslle a coñecer a gran variedade de
froitas que existen e os seus beneficios para a saúde.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario