UNHA ANÁLISE DE ALIMENTOS, polo 3º e 4º de educación primaria.
As nosas comidas deben
conter alimentos variados para que nos proporcionen nutrientes de todos os
tipos: proteínas, hidratos de carbono, vitaminas,... e tamén graxas; tal e como
acabamos de ver no tema da NUTRICIÓN.
Materiais empregados:
cartolina, algodón, tesoiras, pinzas e mostras de alimentos.
Experimento: cortamos
cachiños dos alimentos e tratamos de untar a cartolina con cada un deles.
Deixamos secar ata o día seguinte e comprobamos que os alimentos que teñen máis
mancha son os de máis graxas, concretamente as patacas fritidas e a manteiga.



Ningún comentario:
Publicar un comentario