luns, 14 de maio de 2018

ANALIZANDO OS ALIMENTOS


UNHA ANÁLISE DE ALIMENTOS, polo 3º e 4º de educación primaria. 

As nosas comidas deben conter alimentos variados para que nos proporcionen nutrientes de todos os tipos: proteínas, hidratos de carbono, vitaminas,... e tamén graxas; tal e como acabamos de ver no tema da NUTRICIÓN.

O obxectivo deste experimento é coñecer a cantidade de graxas que teñen alimentos habituais coma a mazá, o iogur, o chocolate, a manteiga e as patacas fritidas.

Materiais empregados: cartolina, algodón, tesoiras, pinzas e mostras de alimentos.

Experimento: cortamos cachiños dos alimentos e tratamos de untar a cartolina con cada un deles. Deixamos secar ata o día seguinte e comprobamos que os alimentos que teñen máis mancha son os de máis graxas, concretamente as patacas fritidas e a manteiga.

Conclusión: os alumnos e alumnas rematan concluíndo que aquel alimento que máis lles gusta (as patacas fritidas) son os que máis graxa teñen.





























































venres, 4 de maio de 2018

Froitas con chiculate!!!

Os peques de 5º de infantil estiveron moi atarefados cociñando; fixeron plátanos e amorodos con chiculate. Estaban boísimos, pero... o mellor de todo foi arrepañar o chiculate que sobrou. QUE RICO!!





venres, 16 de febreiro de 2018

O XOGOS DOS ALIMENTOS


Nas clases de educación física o alumnado xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos alimentos que non son tan sans (que non se poden comer todos os días). Desta forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas, hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus  beneficios sobre a saúde e a mellora da calidade de vida.




mércores, 31 de xaneiro de 2018

Semana da froita fresca

Durante a semana do 22-26 de xaneiro poidemos dis-frutar de distribución de froita fresca nos recreos. Premendo na imaxe verás fotiños... 

https://photos.google.com/share/AF1QipNH4095zgD89pY0tVBvekcPDeL_nK1S6suxs8d_RarmaOgmz9eZuhgvxTq_ZFQg1Q?key=b0hqMG5saDZteHRUMXNWZWl5d19RTlFxd3U0SV9n

martes, 30 de xaneiro de 2018

Cociñamos polo Nadal

Os vagalumes de infantil iniciamos o noso TALLER DE COCIÑA polo Nadal. Mirade que receitas máis ricas fixemos... e con froita. (para ver máis fotos premer nas imaxes)

http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/postres-de-nadal.html

http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/cocina-do-nadal.html
http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/cocina-de-nadal.html


sábado, 27 de xaneiro de 2018

FAI ECO DO LÓXICO


 FAI ECO DO LÓXICO-HORTO ECOLÓXICO


1º ESO: En novembro, plantaron castañas e noces en tetrabriks que logo enterraron e cubriron con follas para manter humidade axeitada. Tamén prepararon un bancal para realizar o seu proxecto de investigación científica: estudo da taxa de xerminación en función da data da plantación ( novembro e xaneiro).
Como actividade transversal, recolleron ditos populares no seu entorno relacionados co allo.
Completaron este trimestre coa limpeza de malas herbas no bancal dos amorados.


                                                          
  4º ESO: Prepararon un novo bancal para realizar o seu proxecto de investigación; estudo da taxa de xerminación dos chícharos en función da profundidade á que se planten.