Como en anos anteriores este curso tamén participamos no plan "Consumo de froita fresca na escola". Concedéronnos tres semanas de distribución de froita fresca nos recreos. Aproveitando esta actividade propuxémoslle ao alumnado
que participase nun concurso no que se valora o consumo de froita diario: "Eu tomo froita"
Ao alumnado de primaria encantoulle a idea os días que trae unha peza de froita como merenda no seu tempo de lecer colocamos unha pegatina nun cartel feito para tal fin. Desta forma ademais de aumentar o consumo de froita diario no alumnado,
dámoslle a coñecer a gran variedadede
froitas que existen e os seus beneficios para a saúde.
Ao final de curso, aqueles alumnos que máis pegatinas tivesen, e polo tanto máis fruta comeran de merenda, recibiron un agasallo. Como premio ao seu consumo continuado de froita démoslles unha brocheta de froitas pero... de gominolas, que ben o merecen....
No día de onte, o alumnado de infantil e primaria poido desfrutar de saborosos bocatas grazas á iniciativa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Tras a charla todos preparamos o noso bocata do xeito máis saludable e saboroso posible.
Non podes perderte as fotos deste día, preme na imaxe:
Se queres saber máis sobre esta iniciativa fai click na imaxe: