mércores, 27 de abril de 2022

BANDA SONORA FAI CLIC AO BOCATA

 O alumnado de 4º e 5º de educación infantil e o profe de música, Fran, fixeron a banda sonora para o plan proxecta: fai clic ao bocata. Así quedou o videoclip

martes, 26 de abril de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAXE DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

 O alumando de 5º de Primaria asistiu a unha sesión de análise da etiquetaxe de produtos alimentarios a cargo das compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de ESO. Apoiados en envases de conservas e outros produtos, trataron de xeito individualizado aspectos como o valor nutricional, os ingredientes, data de caducidade e de consumo preferente... Velaquí varias instantáneas do momento.









mércores, 30 de marzo de 2022

MINIPIZZAS DE AMOR

 O pasado 14 de febreiro o alumando de 4º e 5º EI. e 1º, 2º, 3º, e 5º EP elaboraron unhas MIINIPIZZAS super-AMOROSAS. 

Así foi o proceso, clica na foto e verás




luns, 28 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAS

O alumnado de 2º de ESO, que cursa a materia de Hábitos de vida saudable,  realizou dúas sesións de formación sobre a interpretación de etiquetas de produtos alimentarios destinada ás compañeiras e compañeiros de 1º da ESO. 

Cada alumno documentouse sobre un aspecto concreto da etiquetaxe. Logo elaboraron unha presentación colectiva e cada quen fixo a súa exposición sobre aspectos como: 

- Ingredientes. 

- Aditivos. 

- Valor nutricional. 

- Data de caducidade e data de consumo preferente. 

- Presenza de alérxenos. 

- Simboloxía presente nas embalaxes. 

 

Deste xeito, pretendemos que a totalidade do alumnado do centro teña formación na interpretación dos envases dos produtos alimentarios para que, como consumidoras e consumidores, poidan realizar escollas de alimentos dunha forma crítica e responsable cunha alimentación sa e equilibrada. 

 







 



sábado, 12 de marzo de 2022

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS

 A medidos do mes de febreiro, organizamos unha nova degustación. Nesta ocasión, achegámonos aos produtos do mar a través da proba de diversas conservas: mexillóns, zamburiñas, chipiróns, cabala, ventresca de atún, sardiñas, bocarte e agullas. Acompañdas de pan, galletas mariñeiras, pementos en conserva e tomatiños.

O obxectivo desta proposta, é que o alumnado coñeza novas alternativas de merenda sanas, saudables e fáciles de elaborar. 

De novo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron unha magnífica labor empratando e servindo os produtos a degustar.

Agradecémoslle a Supermercados Froiz e Conservas Jealsa, as doazóns que realizaron en forma diferentes de tipos de conservas para contribuír a que a degustación fora posible.  








xoves, 20 de xaneiro de 2022

ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS

 Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º. 

As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas: 

- Resultados da enquisa de Infantil

- Resultados da enquisa de 1º e 2º

- Resultados da enquisa de 3º e 4º

- Resultados da enquisa de 5º e 6º


Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa.