venres, 4 de febreiro de 2022
xoves, 20 de xaneiro de 2022
ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS
Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º.
As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas:
- Resultados da enquisa de Infantil
- Resultados da enquisa de 1º e 2º
- Resultados da enquisa de 3º e 4º
- Resultados da enquisa de 5º e 6º
Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa.
venres, 14 de xaneiro de 2022
DEGUSTACIÓN DE QUEIXO, PAN E MEL
O día 2 de decembro e no marco do Aliméntate ben, desenvolvemos en Secundaria unha degustación centrada no queixo, o pan e o mel como opcións de merenda saudable. O obxectivo desta degustación foi dar a coñecer produtos saudables que podemos traer como merenda, fomentar o coñecemento de queixos producidos na contorna e, sobre todo, dar exemplos prácticos que o alumnado poida incluír facilmente na súa merenda de media mañá.
A degustación centrouse nos seguintesprodutos:
- Queixo ecolóxico Carmiña de A casa grande de Xanceda (Mesía).
- Queixo con denominación de orixe Tetilla da queixería Barral (Pantiñobre, Arzúa).
- Queixo Delicias de A tenda dos queixos, queixería Arosa (Xanceda, Mesía).
- Queixo de cabra da queixería Suerte Ampanera adquirido nunha tenda ecolóxica.
- Pan ecolóxico de catro variedades diferentes.
- Mel de Abella Carmela (Boqueixón).
Agradecémoslle ás queixerías Barral, A Casa grande de Xanceda e á queixería Arosa, a doazón que fixeron de queixos para poder degustalos neste proxecto. Moitas gracias!
mércores, 15 de decembro de 2021
PROMOVENDO MERENDAS SAUDABLES
Dende o programa Aliméntate ben, estamos a promover as merendas saudables en colaboración co Proxecto Vida activa e deportiva. Non só no tempo de recreo, tamén naquelas ocasións nas que realizamos saída e excursións. Neste caso foi na saída a Sobrado do alumnado de ESO, o día 8 de novembro.
Os alumnos e alumnas enviaron fotos das súas merendas. Alimentación sa, sempre!!
FAI CLIC AO TEU BOCATA
Dentro desta modalidade do Aliméntate ben, estamos a desenvolver unha serie de actividades que se realizan en diferentes grupos de Infantil, Primaria e en Secundaria. Démoslle ao noso proxecto o título "Conserva túa merenda".
A continuación, deixamos dous vídeos moi similares, un no que recollemos os obxectivos e as actividades para Infantil e Primaria, e outro coas propostas para ESO. Todas elas son flexibles e poden mudar segundo as necesidades do proxecto ou as cirscunstancias que se presenten en cada trimestre.
Conserva a túa merenda (Infantil e Primaria).
Conserva a túa merenda (ESO).
luns, 25 de outubro de 2021
Plan Proxecta para o curso 2021-2022
Admitíronos no Plan Proxcta para curso 2021-2022. Nesta ocasión participaremos no programa ALIMÉNTATE BEN na modalidade FAI CLIC AO TEU BOCATA

