xoves, 20 de xaneiro de 2022

ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS

 Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º. 

As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas: 

- Resultados da enquisa de Infantil

- Resultados da enquisa de 1º e 2º

- Resultados da enquisa de 3º e 4º

- Resultados da enquisa de 5º e 6º


Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa. 




venres, 14 de xaneiro de 2022

DEGUSTACIÓN DE QUEIXO, PAN E MEL

 O día 2 de decembro e no marco do Aliméntate ben, desenvolvemos en Secundaria unha degustación centrada no queixo, o pan e o mel como opcións de merenda saudable. O obxectivo desta degustación foi dar a coñecer produtos saudables que podemos traer como merenda, fomentar o coñecemento de queixos producidos na contorna e, sobre todo, dar exemplos prácticos que o alumnado poida incluír facilmente na súa merenda de media mañá. 

A degustación centrouse nos seguintesprodutos:  

- Queixo ecolóxico Carmiña de A casa grande de Xanceda (Mesía). 

- Queixo con denominación de orixe Tetilla da queixería Barral (Pantiñobre, Arzúa). 

- Queixo Delicias de A tenda dos queixos, queixería Arosa (Xanceda, Mesía).

- Queixo de cabra da queixería Suerte Ampanera adquirido nunha tenda ecolóxica. 

- Pan ecolóxico de catro variedades diferentes. 

- Mel de Abella Carmela (Boqueixón).

 

Agradecémoslle ás queixerías Barral, A Casa grande de Xanceda e á queixería Arosa, a doazón que fixeron de queixos para poder degustalos neste proxecto. Moitas gracias!

 



 

 

 

 

 

mércores, 15 de decembro de 2021

PROMOVENDO MERENDAS SAUDABLES

Dende o programa Aliméntate ben, estamos a promover as merendas saudables en colaboración co Proxecto Vida activa e deportiva. Non só no tempo de recreo, tamén naquelas ocasións nas que realizamos saída e excursións. Neste caso foi na saída a Sobrado do alumnado de ESO, o día 8 de novembro.


Os alumnos e alumnas enviaron fotos das súas merendas. Alimentación sa, sempre!!

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Dentro desta modalidade do Aliméntate ben, estamos a desenvolver unha serie de actividades que se realizan en diferentes grupos de Infantil, Primaria e en Secundaria. Démoslle ao noso proxecto o título  "Conserva túa merenda".

A continuación, deixamos dous vídeos moi similares, un no que recollemos os obxectivos e as actividades para Infantil e Primaria, e outro coas propostas para ESO. Todas elas son flexibles e poden mudar segundo as necesidades do proxecto ou as cirscunstancias que se presenten en cada trimestre.

 

                                    Conserva a túa merenda (Infantil e Primaria). 

 

                                            Conserva a túa merenda (ESO). 

luns, 25 de outubro de 2021

Plan Proxecta para o curso 2021-2022

Admitíronos no Plan Proxcta para curso 2021-2022. Nesta ocasión participaremos no programa ALIMÉNTATE BEN na modalidade FAI CLIC AO TEU BOCATA



luns, 14 de xuño de 2021

Arcimboldo e a primavera

 En 4º de infantil temos listos os nosos "Arcimboldos" da primavera. Como nos gusta este pintor...