luns, 28 de setembro de 2020

FROITA FRESCA NOS RECREOS

 Durante este curso 2020-2021 participamos, un ano máis, no Programa escolar de consumo de froita fresca nas escolas, que reparte froita fresca para o alumnado durante os recreos.


xoves, 10 de setembro de 2020

Arrincamos!!!

Arrinca o curso 2020-2021. E abrimos este espazo para amosarvos cousiñas relacionadas co PLAN PROXECTA: froita na escola e horto escolar. Estade atentos e...



luns, 1 de xuño de 2020

Horta infantil

Os vagalumes de infantil inauguramos a nosa horta aló polo 10 de outubro. Unha horta nova!!! que o noso conserxe nos preparou no verán. Grazas Suso!!!.
Así nos foi, jaja:


Logo viñeron as xiadas e... a nosa plantación desapareceu, bueno iso foi o que nos pareceu. Logo o frío e a choiva e decidimos que ata a primavera non iamos poder volver, a pesares de que a nosa plantación parecía que "reviviía". Logo vou o COVID-19 e... xa imaxinades. O 26 de maio a profe foi ao cole e dedicidiu achegarse á horta porque vía moitas malas herbas e follas pero polo medio parecía que as coles, polo menos, seguían ahí.






  Pero unha vez alí.... SORPRESAAAAA!!!! Hai algo da nosa cosecha, mirade mirade


Os repolos e coliflores "reviviron" e medraron moito moito, listos para comer!!!