xoves, 17 de decembro de 2015

AS FROITAS E O NADAL

Hoxe "xogamos" coas froitas de outono e algunha que outra propia doutra época que nos custou un pouquiño atopala. E fixemos unha ricas receitas, mirade, mirade, que ben o pasamos; e o mellor de todo foi que estaban riquísimas...

xoves, 10 de decembro de 2015

Froitos do outono

A piques de rematar o outono os peques de 4 anos xa teñen listo o seu libro dos froitos do outono; elaboraron cada unha das froitas do outono dun xeito diferente: picado, con témpera, con ceras brandas, con ceras duras, con acuarela, con papel charón,... e escribiron o nome de cada unha delas. Aquí vos deixamos unha mostra:



venres, 27 de novembro de 2015

DECORAMOS CABAZAS....

Un dos froitos típicos do outono son as cabazas, e se o xuntamos coa tradición do Samaín o resultado será....










MOITAS GRAZAS AO NOSO ALUMNADO!!!!

venres, 13 de novembro de 2015

Hoxe comemos catañas asadas e cocidas....

Hoxe festexamos o masgosto, e despois dunha mañá chea de xogos tradicionais chegou o gran momento: a desgustación dun dos froitos do outono por excelencia: AS CASTAÑAS.
Asadas e cocidas, feitas polas nosas cociñeiras e o noso conserxe comemos ata fartar e estaban.... riquísimas.

martes, 27 de outubro de 2015

mércores, 21 de outubro de 2015

NA BUSCA DE CASTAÑAS....

Hoxe os peques de infantil saímos na busca de castañas; e atopámolas e moitas máis cousas do outono: landras, follas,...