Onte, as vagalumes de 4º de infantil inuauguramos horta!!!. Non foi como tiñamos planeado porque nos empezou a chover e tivemos que recoller o "plantío" que deixamos no invernadeiro; pero enseguida atopamos alternativa: fixemos semilleiros no patio: perixel, fresas, xudías e cenoiras!!!. Pronto volveremos e plantaremos
mércores, 14 de abril de 2021
Inauguramos o noso horto!!!
Experimentos con sementes
O luns 12 de abril as vagalumes de 4º EI fixemos un experimento con lentellas e fabas pera ver como xermina e van medrando. Nunha bolsiña de conxelar puñemos algodón e logo unhas lentellas e fabas. Botámoslle un pouco de auga e colgámolas nas ventás para que lles dea o calorciño e teñan efecto invernadoiro. Así iremos vendo como empezan a xerminar e como van medrando.
HOXE XA ESTÁN EMPEZANDO A SAÍR AS LENTELLAS!!!
xoves, 8 de abril de 2021
Amorodos, ricos ricos!!!
Hoxe tomamos AMORODOS!!! E non fresas; en galego as fresas son apeiros de labranza que serven para puír ou furar; tamén unha ferramenta de aceiro para facer máis grosos os furados dunha peza de metal ou de aceiro, pero non son unha froita.
mércores, 7 de abril de 2021
xoves, 25 de marzo de 2021
martes, 16 de marzo de 2021
En marzo disFRUTAmos...
Este mes de marzo tomamos nos recreos: uvas, ananás, amorodos e plátano. Para vernos tomando froita fresca rica, rica,... preme na imaxe.
venres, 12 de marzo de 2021
Arcimboldo de inverno
En 4º EI seguirmos traballando coas froitas e coas estacións. E aquí vos deixamos o noso ARCIMBOLDO DO INVERNO


















