Que bos estaban os amorodos que tomamos hoxe. Se queredes ver fotos premede na imaxe
martes, 9 de maio de 2017
luns, 8 de maio de 2017
LUNS. MELOCOTÓN
Arrincamos a terceira semana de distribución de froita fresca nos recreos tomando melocotón. Fotiños premendo na imaxe.
sábado, 6 de maio de 2017
Imos á lonxa e porte de Sada e ao museo do mar de Mera
Que día máis xenial pasamos onte os vagalumes de infantil e os compis de primeiro de primaria. E que sorte tivemos porque o tempo comportouse bastante ben.
Viaxamos ata Sada para visitar a Lonxa e o Porto, logo tomamaos unha merendola de productor do mar e fomos ata a Aula do Mar de Mera. Un dia 10.
xoves, 4 de maio de 2017
Un día na horta de infantil
Hoxe os vagalumes de 5 anos fixemos outra visita á horta e levamos unha sopresa.... non sabemos que bicho foi pero arrincounos todos os tomates e pementos😢😢😢😢.
Na xornada de hoxe fixemos moito, moito traballo. Primeiro quitamos as herbas ao brócoli, coliflor e coles.
Logo fixemos un semilleiro de perixel e metémolo no noso mini-invernadoiro.
Finalmente, prantamos unhas fresiñas que trouxo a profe (haber se non nolas levan os paxariños) e transplantamos os guisantes que tiñamos en algodón.
Cociñamos pola Pascua
Os vagalumes da Ponte xa sabemos que é importante manter unha boa alimentación para ter unha boa saúde; pero... de cando en vez unhas "larpeiradas" non veñen mal. Non credes? E a Pascua foi o momento ideal para facelas.
Os vagalumes de 3 aniños fixemos unhas piruletas de chiculate que estaban.... boísimas. Premede na imaxe e veredes.
Os vagalumes de 4 anos fixemos unha receita moi sinxela: masa de hojaldre e nutella.
Todos colaboraron na súa elaboración aínda que a algúns non lles gustou moito outros ata repetiron.
Aquí vos deixamos un collage dos cociñeiros!
Os vagalumes de 5 anos....TORRIXAS, tanto nos gustaron o ano pasado que quixemos repetir. E saíronnos riquísimas. Premede na imaxe e veredes.
mércores, 3 de maio de 2017
Plantamos lentellas
Hoxe os vagalumes de 4 anos decidimos plantar na clase unhas lentellas e ver como van medrando, aquí vos deixamos algunhas mostras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






