luns, 28 de maio de 2018
luns, 14 de maio de 2018
ANALIZANDO OS ALIMENTOS
UNHA ANÁLISE DE ALIMENTOS, polo 3º e 4º de educación primaria.
As nosas comidas deben
conter alimentos variados para que nos proporcionen nutrientes de todos os
tipos: proteínas, hidratos de carbono, vitaminas,... e tamén graxas; tal e como
acabamos de ver no tema da NUTRICIÓN.
Materiais empregados:
cartolina, algodón, tesoiras, pinzas e mostras de alimentos.
Experimento: cortamos
cachiños dos alimentos e tratamos de untar a cartolina con cada un deles.
Deixamos secar ata o día seguinte e comprobamos que os alimentos que teñen máis
mancha son os de máis graxas, concretamente as patacas fritidas e a manteiga.



venres, 4 de maio de 2018
Froitas con chiculate!!!
Os peques de 5º de infantil estiveron moi atarefados cociñando; fixeron plátanos e amorodos con chiculate. Estaban boísimos, pero... o mellor de todo foi arrepañar o chiculate que sobrou. QUE RICO!!
venres, 16 de febreiro de 2018
O XOGOS DOS ALIMENTOS
Nas clases de educación física o alumnado
xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos
alimentos que non son tan sans (que non se poden comer todos os días). Desta
forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas,
hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus beneficios sobre a saúde e a mellora da
calidade de vida.
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Semana da froita fresca
Durante a semana do 22-26 de xaneiro poidemos dis-frutar de distribución de froita fresca nos recreos. Premendo na imaxe verás fotiños...
martes, 30 de xaneiro de 2018
Cociñamos polo Nadal
Os vagalumes de infantil iniciamos o noso TALLER DE COCIÑA polo Nadal. Mirade que receitas máis ricas fixemos... e con froita. (para ver máis fotos premer nas imaxes)
sábado, 27 de xaneiro de 2018
FAI ECO DO LÓXICO
FAI ECO DO LÓXICO-HORTO ECOLÓXICO
1º ESO: En novembro, plantaron castañas e noces en tetrabriks que logo enterraron e cubriron con follas para manter humidade axeitada. Tamén prepararon un bancal para realizar o seu proxecto de investigación científica: estudo da taxa de xerminación en función da data da plantación ( novembro e xaneiro).
Como actividade transversal, recolleron ditos populares no seu entorno relacionados co allo.
Completaron este trimestre coa limpeza de malas herbas no bancal dos amorados.
4º ESO: Prepararon un novo bancal para realizar o seu proxecto de investigación; estudo da taxa de xerminación dos chícharos en función da profundidade á que se planten.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















