venres, 16 de febreiro de 2018

O XOGOS DOS ALIMENTOS

Nas clases de educación física o alumnado xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos alimentos que non son tan sans (que non se poden comer todos os días). Desta forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas, hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus  beneficios sobre a saúde e a mellora da calidade de vida.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

Semana da froita fresca

Durante a semana do 22-26 de xaneiro poidemos dis-frutar de distribución de froita fresca nos recreos. Premendo na imaxe verás fotiños... 

https://photos.google.com/share/AF1QipNH4095zgD89pY0tVBvekcPDeL_nK1S6suxs8d_RarmaOgmz9eZuhgvxTq_ZFQg1Q?key=b0hqMG5saDZteHRUMXNWZWl5d19RTlFxd3U0SV9n

martes, 30 de xaneiro de 2018

Cociñamos polo Nadal

Os vagalumes de infantil iniciamos o noso TALLER DE COCIÑA polo Nadal. Mirade que receitas máis ricas fixemos... e con froita. (para ver máis fotos premer nas imaxes)

http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/postres-de-nadal.html

http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/cocina-do-nadal.html
http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/2018/01/cocina-de-nadal.html

sábado, 27 de xaneiro de 2018

FAI ECO DO LÓXICO

 FAI ECO DO LÓXICO-HORTO ECOLÓXICO

1º ESO: En novembro, plantaron castañas e noces en tetrabriks que logo enterraron e cubriron con follas para manter humidade axeitada. Tamén prepararon un bancal para realizar o seu proxecto de investigación científica: estudo da taxa de xerminación en función da data da plantación ( novembro e xaneiro).
Como actividade transversal, recolleron ditos populares no seu entorno relacionados co allo.
Completaron este trimestre coa limpeza de malas herbas no bancal dos amorados.

  4º ESO: Prepararon un novo bancal para realizar o seu proxecto de investigación; estudo da taxa de xerminación dos chícharos en función da profundidade á que se planten.

FAI ECO DO LÓXICO- HORTO ECOLÓXICO

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE 

Na asinatura que se chama así e se imparte en 2º ESO estanse a facer diversas actividades :

1º DESCUBRIMENTO DE NOVOS VEXETAIS .Probaron rábanos con pan e manteiga , estes vexetais eran totalmente descoñecidos para os alumnos .
                                                                
2º DIFERENTES OPCIÓNS DE ALMORZOS SAUDABLES 

 Nun taboleiro expuxéronse distintos tipos de almorzos e psicolabis saudables para dúas semanas.

  SEMANA DA FROITA FRESCA DO 11 AO 15 DE XUÑO 

Durante a segunda semana de xuño , os alumnos da ESO  poideron disfrutar de froita fresca durante os recreos . Disfrutaron de froita do tempo , tomaron pexegos , cereixas , fresas ....

XOVES 14 XUÑO - 

O alumnado de 2º ESO  combinou a inxesta de froita cunha exposición sobre algún dos roteiros que se poden facer pola zona .

SEMANA DA FROITA FRESCA 

Esta semana do 22-26 de xaneiro foi a primeira semana na que nos recreos se lles deu froita fresca ao alumnado do noso CPI .Esta foi a distribución ao longo da semana :

LUNS 22 XANEIRO - PIÑA

MARTES 23 XANEIRO - PLÁTANO 

MÉRCORES 24 XANEIRO - MANDARINA

XOVES 25 XANEIRO - CAQUIS 

VENRES 26 XANEIRO - UVAS