martes, 17 de xaneiro de 2017

ENQUISAS SOBRE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN











Ao principio de curso e para indagar sobre os hábitos de alimentación do alumnado , fixemos dúas enquisas , unha dirixida aos alumn@s de Infantil e Primaria e outra dirixida aos alumn@s de Secundaria .


ENQUISA ALIMENTACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
ENQUISA ALIMENTACIÓN SECUNDARIA

ANÁLISE  DAS ENQUISAS 

EDUCACIÓN INFANTIL 

A maioría do alumnado de Educación Infantil pensa que almorza ben sempre o de cando en vez . Tod@s menos 1 toman leite ou outros lácteos . Unha grande maioría tamén toma zume ,  galletas , cereais ou torradas con leite .
Todos a excepción de un toman  un lácteo , un bocadillo ou sandwich ou froita a media mañá  .
Todos comen non comedor do centro ao mediodía . Os alimentos que menos lles gustan  e menos comen son en este orden pizza, verdura, peixe e hamburguesa . Os argumentos que esgrimen van desde que están malos e lles dan noxo ata que lles custa preparalos ( pelalos, limpalos, cortalos...).Dous alumnos especifican que lle sentan mal eses alimentos porque son alérxicos.
En canto aos alimentos que máis lles gustan son  a carne e a pasta seguidos do ovo , do peixe ,da pizza e froita. Esta información sobre a pizza choca co que afirmación dada anteriormente  de que non lles gusta ou non a comen , co cal deducimos que lles gusta pero que a comen poucas veces.
A maioría picotean sempre ou de cando en vez ; so oito do alumnado di non facelo . Cando comen algo fóra das comidas , soe ser un lácteo , chiculate , zume , froita ou bocata.
Gran parte do alumnado sinala que normalmente xoga no parque cos amigos ou vai andar con familiares .Algúns practican natación , patinaxe ou van en bici . Un está apuntado nun clube deportivo . Tres dos alumnos afirman que so fan exercicio na clase de Educación Física . Aínda así todos afirman que a alimentación e o deporte son importantes para manternos sans.

EDUCACIÓN PRIMARIA 
 
O alumnado de E.P. afirma almorzar ben sempre ou de cando en vez . A maioría toma leite ou outros lácteos con galletas ou cereais , ademais moitos engádenlle froita ou zume . So catro toman soamente un alimento no almorzo : leite , pan , galletas ou croissant.
Todos menos un toman un tentempé a media mañá e case sempre é un bocadillo ou sandwich, unha froita , bollería , un lácteo ou zume .
Todos menos catro comen no comedor escolar . O que menos lles gusta ou non comen son as verduras , o peixe seguidos da hamburguesa , dos doces , das legumes , dos ovos e da froita . A maioría xustifica estas respostas sinalando que eses alimentos lles dan noxo , que están malos ou que lles olen mal . Ademais oito alumnos son alérxicos.
Os alimentos que máis lles gustan por orden de preferencia son : pizza, carne , ovo e hamburguesa . É curioso porque moitos dos alumnos din que non comen estes productos , razón pola que deducimos que non os comen.
 A maioría picotea sempre ou de cando en vez e so cinco din non facelo . Cando comen algo fóra das comidas soe ser chiculate , froito, productos de kiosko(chuches, patacas fritidas...),bollería , lácteo ou bocata/sandwich.
Once alumnos afirman só facer exercicio na clase de Educación Física . O resto xoga con amigos no parque , pasea cos pais  , fai deporte durante as fins de semana , anda en bici, corre ...Trece sinalan estar apuntados en algún clube deportivo .
En canto a importancia da alimentación e do deporte para manternos sans, a inmensa maioría está dacordo .


ESO
A maioría do alumnado di que todos os días toma no almorzo algo máis que leite e zume . Un sinala que só o fai os fins de semana , dous un día a semana ou menos e dous que nunca almorzan. 
Tod@s menos cinco toman algún alimento a media mañá e so ser un bocadillo ou sandwich , algunhas veces froita e bollería e poucas veces zume , productos de kiosko (chuches , patacas fritidas...) ou galletas.
Preguntando pola frecuencia con que toman distintos alimentos sinalan:
  • A maioría afirma que toma todos os días unha ou máis veces froita, zume natural , leite ou outro producto lácteo e pan .
  • A maioría toma verduras, pescado , ovos , arroz e pasta dous ou catro días á semana .
  • En canto a carne , a maioría tómaa entre dúas e seis veces á semana.
  • So toman comida precociñada ( pizza , lasaña, hamburguesa , fritos...)  como máximo un día á semana.
  • O consumo de doces, aperitivos salados , refrescos ... fano de dúas a catro veces á semana..Algúns non os toman nunca .  
  • Á maioría non lles gustan ou non proban as legumes e verdura . A outros non lles gustan nin os doces nin a bollería nin o pescado  e xustifican as súas respostas dicindo que están malos . 
  • Os alimentos que máis lles gustan son a carne e a pasta seguidos de pizza , leite e lácteos.
  • Tod@s agás seis afirman picotear sempre ou as veces fóra das comidas . O que toman é froita , bocadillo ou sandwich seguidos de chiculate e bollería .   
  •  
    Todos menos oito sinalan que o seu peso é normal . Destes oito , catro din que o seu peso é baixo e catro que está por riba do normal .A maioría nunca fixo dieta para perder peso , cinco algunha vez e dous estana facendo.
    Dous provocaron o vómito, tomaron pastillas ou fixeron exercicio excesivo para perder peso . O resto nunca .
    En canto a práctica de exercicio físico , nove alumnos non fan deporte ou só na clase de Educación Física . O resto faino normalmente ben sexa andando , xogando na rúa cos amigos ou facendo deporte na fin de semana . Ademais 10 están apuntados nalgun clube deportivo e entrenan con frecuencia. 
    A maioría están interesados en coñecer algo máis sobre alimentación saudable. 
    CONCLUSIÓNS E HÁBITOS A CORRIXIR 
    Como podemos observar despois de analizar os resultados das enquisas , @s nen@s do noso centro non comen demasiada comida basura porque viven en zonas rurais e na maioría dos casos os seus proxenitores son labregos e gandeiros . Sen embargo hai algúns productos que non consumen demaisado como son o peixe e as leguminosas e a través das distintas actividades do Proxecta como os talleres de "O sabor da aventura está no mar " , tentaremos que consuman máis peixe . En canto as legumes , o ano 2016 foi o ano das legumes segundo a OMS e así se lles explicou na asinatura "Promoción de hábitos saudables " e quedou reflictido na exposición que hai na entrada do edifico de Secundaria .  
     
     

     ENQUISAS DE FINAL DE PROXECTO 
Despois de todas as activiades realizadas , imos analizar o que conseguimos e o que nos queda por conseguir .

ENQUISAS PARA PRIMARIA 
ENQUISAS PARA SECUNDARIA 


ANÁLISIS DA ENQUISA DE PRIMARIA 


O 67.3% do alumnado recoñece que agora come máis peixe e o 91.8% máis carne .
Recoñecen que probaron alumnos que antes non comían , so 4 non probaron ningún . Dos alimentos degustados , unha porcentaxe elevada é de hortalizas e verduras ( bróccoli, xudías...), seguido de produtos do mar e froitas.ç
Todos practicaron deporte este curso , ben no colexio ou fóra. A actividade máis practicada foi o fútbol , seguido de atletismo , baloncesto , balonmán , floorball e natación . Tamén practicaron padel , ciclismo, xogos populares, tenis e zumba .

ANÁLISIS DA ENQUISA DE SECUNDARIA 

O 56% do alumnado agora mira as etiquetas dos produtos que compra , cousa que non facía antes .
O 77.4% recoñece que probou alimentos novos e deles a maioría di que foron os alimentos dados no cole nos recreos e na materia de hábitos saudables . Foron alimentos como : grosellas , arándanos , froitos secos , maracuiá, iogur feito na casa ...
A maioría afirma saber que cambios debe facer na dieta e a metade xa fixo algún ( comer máis saudable, máis verdura , máis legumes , menos carne, menos doces, máis froita ...)

Ao alumnado gustoulle que se fixera un horto ecolóxico no centro . Ao 54.8% pareceulle moi ben e o 32.3% ben .

O 74.2% di ser coñecedor de transcendencia ecolóxica dos hábitos de consumo e alimentación .

Ao 93.5% pareceulle suficiente o que aprendeu sobre alimentación suadable pero aínda así a metade do alumnado interésalle coñecer algo máis.


CONCLUSIÓN 

Está claro que conseguimos os obxetivos máis importantes :que sexan conscientes do que comen , que proben cousas novas e que coman mellor .





sábado, 14 de xaneiro de 2017

Cociñamos polo Nadal

Tiñamos pendente o noso taller de cociña navideño e onte foi o día. Que ben o pasamos. Os vagalumes de 3 aniños fixemos bombóns de... chiculate. Estaban boísimos.


Os vagalumes de 4 anos fixemos renos con galletas oreo... riquísimos...


E os vagalumes de 5 anos fixemos papá noeis con fresas e un biscoito dun poboado navideños e figuriñas navideñas. Estábache boísimo e non deixamos nada.


domingo, 18 de decembro de 2016

Brebaxe...

Os nenos e nenas de infantil estamos a traballar nestre primeiro trimestre o proxecto dos Piratas. Xa sabemos os piratas teñen moitas enfermidades debido á falta de hixiene e á mala alimentación e que facían brebaxes varios para tentar curalas ou, cando menos, paliar os seus efectos, decidimos facer nós tamén un brebaxe contra o escorbuto: a caída de dentes, por falta de vitamina C.

Puxémonos mans á obra e decidimos entre todos os vagalumes de 5 anos que o noso brebaxe constaría de dúas culleradiñas de azucre, medio vasiño de zume de laranza e outro medio de zume de limón. Listos os ingredintes había que preparalo e probalo; se queres velo clicka na botella.

https://photos.google.com/album/AF1QipOB2EOuvhnDoKRbuGkQnl2mLGEKCIICXhasep4d?hl=es

martes, 6 de decembro de 2016

Inauguración da horta en infantil

O pasado 17 de novembro demos por inaugurada a horta do cole. Fomos sachar un pouquiño para preparar a terra e así poder prantar. Pasámolo xenial. Clika na imaxe e veralo...

https://photos.google.com/album/AF1QipPLwMwIULZcyTRiJj1NbWsiqUhCvb_QCxUctUqZ

venres, 4 de novembro de 2016

Zume de arándanos

Hoxe os peques de 6º de infantil probamos froitas novas, nesta ocasión fixemos zume de arándanos. Temos que dicir que non o probáramos antes e gustounos moitísimo. 


xoves, 3 de novembro de 2016

Cociñamos polo Samaín

Hoxe iniciamos o xa IX Taller de Cociña en Educación Infantil. Ao longo do curso iremos facendo recitas divertidas que permitan que os nosos pequenos se acheguen a alimentos pouco frecuentes nas súas dietas; sen diexar de lado os doces, que, de cando en vez, tamén deben formar parte da dieta, pero facendo fincapé no seu consumo esporádico.

Hoxe os peques de 6º de infantil fixemos sandwiches de figuras de samaín: cabazas, morcegos, pantasmas, buhos,...



Os peques de 5º de infantil fixemos arañas....


martes, 21 de xuño de 2016

Taller de froitas....

Hai tempo que o alumnado de ESO disfrutou dun taller de froitas a cargo do CENTRO PIÑEIRAL, se queredes ver canto DIS-FRUTARON mirade este vídeo